Saturday 27 de April de 2024

Unha batería de solicitudes do Partido Popular de Oleiros serán debatidas no próximo pleno municipal


A PORTAVOZ DOS POPULARES, LOLI SILVA, AGRADECE O ECO QUE TIVERON AS PROPOSTAS E CONSIDÉRAAS CLAVE PARA IMPLEMENTAR MELLORAS NECESARIAS NO CONCELLO

Parece que, polo menos por unha vez, a perseveranza das propostas que o Partido Popular presenta ao concello con carácter ordinario van ser escoitadas e debatidas no próximo Pleno Municipal.

Desde este grupo municipal foron constantes as peticións en materia de melloras na rede de abastecemento -obsoleta e insuficiente para as necesidades de poboación do concello- será un dos asuntos que o concello parece decidido a acometer esta vez e para o que está previsto que se habilite unha partida orzamentaria considerable.

Outros asuntos que se solicitou en numerosas ocasións e que se abordará no pleno é o incremento en gasto social, tan necesario en Oleiros, centrado principalmente nos nosos maiores.

Ademais, o concello parece recoñecer nesta ocasión as demandas deste grupo municipal para a adquisición dun camión escala que permita unha mellor resposta e unha maior versatilidade na atención dos servizos municipais de emerxencias, para o que se buscará cofinanciamento mediante os fondos previstos de Unespa (Unión das Aseguradoras de España), que supoñería unha achega municipal do 10% do valor do vehículo.

“Por parte do Partido Popular de Oleiros queremos agradecer o eco que, nesta ocasión polo menos, tiveron algunhas das propostas que levamos tanto tempo solicitando ao concello”, declarou a este respecto a portavoz municipal, Loli Silva.
“Confiamos, iso si, que neste pleno póidase clarificar a autoría das obras que pretende adxudicarse a Deputación Provincial”, concluíu Loli Silva.